viernes, 28 de abril de 2017

A ciencia aplicada ao deporte


Para que un nadador disminua en centésimos de segundos o tempo necesario para percorrer unha distancia na auga ou un ximnasta realizar o maior número de voltas no aire tras un salto, a aplicación de conceptos como hidrodinámica ou momento angular son case tan importante como estar na mellor condición física.
A Biomecánica Deportiva é unha ciencia que aplica as leis da Física ao estudo do movemento humano. O seu desarrollo nos últimos anos está íntimamente ligado ao avance tecnolóxico. Unha das ferramentas máis utiles para explicar en detalle o xesto deportivo é a "fotogrametría vídeo". Trátase dun método de captación e tratamento de imaxes dixitais que permite valorar se a execución do movemento se realiza sen errores técnicos e sen patróns de movementos lesivos. Consiste en grabar ao deportista realizando o xesto con marcadores adheridos ao corpo e a partires de imaxes construir unha animación tridimensinal.
Os deportistas de alto nivel, debido ao gran número de horas que dedican ao entrenamento, son candidatos perfectos para a lesión xa que, no caso de haber asimilado un xesto incorrecto, a repetición cíclica do mesmo en largas xornada supón un gran factor de risco.
Ao modo de exemplo, un remero que ao realizar unha pasada da pala na auga flexina a columna de forma inadecuada, pode sufrir unha hernia discal se as forzas de comprensión exceden a tolerancia do disco vertebral. Un ciclista que leve unha disposición do sillín na bicicleta non acorde coas súas medidas antropoxénicas poden sufrir unha tendinitis rotuliana por excesiva flexión da rodilla. O empeño por transmitir o maior impulso a bola por un golfista pode derivar dunha patoloxía crónica da muñeca por suxeitar o pau dunha forma tal que no impacto coa bola a forza de reacción comprometa aos tendóns flexores.
En conclusión, cada modalidade deportiva require do estudo por parte dos especialistas biomecánicos, para evitar lesións que no caso extremo podan incapacitar ao deportista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario