No mes de marzo
do ano 415, na cidade de Alexandría ( antigo centro da ciencia, a cultura e a
arte helenísticas) unha multitude feroz atacou á respetada e sabia Hipatia,
matárona e ensaiáronse cos seus restos. Os asasinos eran unha multitude de
crentes en Deus que segun eles entretivo á xente da cidade cos seus
encantamentos , comparando a esta filósofa con unha bruxa. A impunidade do seu
crime/martirio é un escándalo histórico memorable entendido ata certo punto
polo contexto histórico; nos situamos na Alexandría de comezos do século V, onde
o emperador Teodosio I proclamou o cristianismo como relixión única do Imperio.
O poder eclesiástico estaba instalados nas cidades e actuaba con total
intolerancia ante os disidentes de todo tipo ben destruíndo os templos dos
infieis ben calando as súas voces.
Pero, ¿Quen era
Hipatia?. Pois era unha estudosa das
ciencias e da filosofía, unha profesora de renombre que daba leccións públicas
sobre as ideas de Platón e Aristóteles. Formaba parte entonces da elite pagan
as súas antigas ideas e crenzas ilustradas do helenismo. Herdou a escola do
neoplatonismo.
Hipatia seguiu as
ensinanzas do seu pai Teón, profesor matemático e astrónomo do Museo de
Alexandria, incluso superándoas pero tamén ampliou as súas investigacións desde a
ciencia á filosofía. O
triste desta extraordinaria figura: muller, pagan, sabia, influínte e con numerosos
discípulos, moi admirada na cidade foi a súa eliminación por parte dos
cristiáns fanáticos solo como mostra ós demais dun castigo exemplar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario