¿Qué premio Nobel
explicou a física cuántica da reactividade, postulou a versión moderna do Big
Bang , propuxo que as estrelas brillan por reaccións termonucleares e descubriu
o concepto de código xenético de maneira que traduciu a orden lineal das letras
do ADN nunha fila de aa que constitúe ás proteínas, que aínda que o seu modelo
en concreto foi incorrecto, o concepto é esencial? Ningún. A persoa existiu e
chamábase George Gamow, pero NON recibiu o premio.
Tampouco o
recibiu Dmitri Mendeleyev, cuxa táboa periódica é estudada nas escolas de todo
o mundo. Nin Oswald Avery que demostrou que o ADN é a molécula portadora da
información xenética; o maior
descubrimento da bioloxía do século XX (a estrutura en dobre hélice do ADN) non sería
posible sen este dato previo. A maioría dos científicos non se mostraron da súa parte cando o
demostrou. Observámolo na razón de que
Avery non recibira o galardón ( que foi un misterio durante 50 anos, tempo que
tarda a comisión en facer públicas as súas deliberacións) sábese hoxe que foi o
químico Einar Hammarsten quen bloqueou a súa candidatura, simple e llanamente
porque cría que a información xenética estaba nas proteínas, e na súa
convicción non tiñan cabida os datos. Nin Lise Meitner, descubridora da fisión
nuclear; nin Julius Lilienfeld, creador do transistor; nin George Zweig
codescubridor dos quarks.
Outros casos
foron o de Barbara McClintock quen
descubriu os transposóns ( xenes que saltan dun lugar a outro do xenoma) moi
importantes para a evolución. Os resultados da xenetista máis brillante do
mundo foron recibidos con escepticismo por moitos científicos. De feito non se
lle concedeu o Nobel ata 35 anos despois, aos 81 anos de idade. Ou o caso de
Edison e Tesla nominados pero descartados porque non se podían nin ver, tiñan
unha relación pésima.
E logo resulta paradóxico
que Mahatma Gandhi non recibira o Nobel
da paz ou que Einstein, quen si que obtivo o galardón pero non pola teoría da
relatividade.
O Nobel, con todo sigue sendo o premio máis prestixioso que pode recibir un intelectual neste planeta. E o seu prestixio basease un ano de investigación sobre os candidatos.
O Nobel, con todo sigue sendo o premio máis prestixioso que pode recibir un intelectual neste planeta. E o seu prestixio basease un ano de investigación sobre os candidatos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario