sábado, 11 de febrero de 2017

Un doodle dedicado a una científica.

O 14 de xaneiro de 2017 Google celebrou o 155 aniversario do nacemento de Carrie Derick.
Ata os tempos modernos, poucas mulleres eran recoñecidas no mundo académico. Carrie Derick, unha botánica e xenetista, venceu esa norma. Nacida en 1862, Derick foi unha das primeiras que loitou polos dereitos das mulleres e axudou a asentetar o camiño das mulleres na educación. 
En 1890, Derick graduouse como unha das mellores da clase na universidade McGill, en Quebec, Canadá. Continuou os estudos na universidade  de Bonn en Alemania donde completou a sua investigación  o suficiente como para obter o doutorado en 1901 pero non o recibiu de maneira oficial porque naquel momento non se lle outorgaban ás mulleres. Aínda así, Derick peseverou, continuando ca súa carreira como botánica e xenetista, converténdose en 1912 na primeira profesora femenina da mesma Universidade McGill, onde continuou ensinado ata o seu retiro en 1929.
Ao largo da súa vida, Derick foi unha defensora dos dereitos das mulleres. O seu labor obsérvase nas diferentes causa ás que serviu como presidenta da Asociación de Sufragio de Montreal dende 1913 a 1919. 
É totalmente de xustiza este pequeno homenaxe que se lle pode facer a esta histórica, loitadora e admirable científica. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario